Deporte

Novas

  • III Torneo de Ximnasia Artística Concello de Fene esta fin de semana no pavillón de San Valentín

    O pavillón municipal de San Valentín albergará esta fin de semana o III Torneo de Ximnasia Artística "Concello de Fene". O sábado 4 terá lugar o torneo na categoría base e vía olímpica, entre as 9,15 e as 13,30 horas e de 15,30 a 19,30 horas, coa participación de 161 deportistas. Así mesmo, o domingo 5 celebrarase a categoría escolar, de 9 a 13 horas e 124 participantes.

  • Clube Atletismo Fene, campión de Galicia de Maratón

    O Clube atletismo Fene fixo historia no Campionato de Galicia de Maratón ( 42, 195 Km ) celebrado en Coruña o domingo dia 14. Proclamáronse campións galegos por equipos nun dia no que o desenvolvemento da carreira a moitos participantes lles afectaron as circunstancias de moita calor con humidade e vento en parte do circuíto.

  • Fene celebra este venres a súa I Gala do Deporte

    O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, convida a veciños e veciñas a tomar parte este venres, 12 de abril, na Gala do Deporte de Fene. Terá lugar a partir das 20 horas no local do Agarimo de Sillobre e, coa cita, o Concello quere recoñecer os méritos dos deportistas locais ao longo da tempada 2017/2018. Non só iso, tal e como apunta Bastida, tamén se realizará unha homenaxe a aqueles veciños e veciñas que fixeron historia pola súa intensa labor a favor do deporte no municipio.
     

Ver máis