Fene ao día

Novas

  • Uns 300 nenos e nenas daranse cita este domingo en Fene na I Xornada Xogade

    Un total de 290 nenos e rapaces tomarán parte este domingo en Fene na fase zonal da I Xornada Xogade do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Será nas pistas de atletismo de Barallobre e arredores, a partir das 11 horas. A carreira, organizada pola delegación de Ferrol da Federación Galega de Atletismo, conta coa colaboración da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida.

  • O Concello convida á veciñanza ó acto de presentación dos vídeos promocionais do proxecto Fene, Mar Vivo

    O salón de actos do C.M.I. Unidade de Fene será escenario este sábado, 17 de novembro, do acto de presentación dos audiovisuais de promoción turística do municipio elaborados ó abeiro do proxecto Fene, Mar Vivo. Un acto que dará comezo ás 19 horas presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e coa participación do edil de área, Juan José Franco.

  • Arranca o curso de intelixencia emocional organizado polo Concello para o alumnado dos centros educativos

    Un total de 28 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos do Concello de Fene iniciaron onte á tarde os cursos de intelixencia emocional organizados pola Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo. A concelleira acudiu á primeira sesión e valorou moi positivamente a demanda rexistrada, que obligou a ampliar o número de prazas ofertadas inicialmente e, tamén, crear dous grupos en función das idades.

Ver máis

Axenda

  • 19-02-2018

    Tardes activas

    Benestar e igualdade

    De luns a venres nos locais sociais de Fene. 

    Máis info
  • 18-11-2018

    I Xornada Xogade

    Deporte

    Será nas pistas de atletismo de Barallobre e arredores, a partir das 11 horas

    Máis info
  • 14-11-2018

    Doa sangue

    Fene ao día

    O 14, 15, 16 e 17 de Novembro doa sangue no teu concello : O 14 de novembro en Perlío. Unha unidade ermanecerá na praza da escola –diante da asociación de veciños- de 15,30 a 21 horas. Así mesmo, o xoves día 15 e o venres día 16 permanecerá diante do centro de saúde no mesmo horario e, o sábado día 17, fará o propio pola mañá, de 10 a 15 horas.

    Máis info