Novas

13-08-2019

O Concello de Fene executa a reforma dos vestiarios do campo de fútbol dos Pinares

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o campo de fútbol dos Pinares, en Perlío, contará cun vestiario para mulleres, aseos accesibles e uns vestiarios renovados e sen humidades. Será unha vez conclúan as obras necesarias, na actualidade en execución, cun investimento de 39.914,87 euros que o Concello financia con cargo ao superávit.
29-07-2019

Horarios de adestramento de pretempada no campo de fútbol de Os Pinares

Rematado o prazo de solicitude de adestramento no Campo de Fútbol de Os Pinares para a pretemporada 2019-2020 para clubes federados do Concello de Fene (do 15 ao 26 de xullo), o Concello publica na web municipal os horarios definitivos.
29-07-2019

O Concello pon en marcha en agosto clases gratuítas de ximnasia ao aire libre

O Concello de Fene porá en marcha clases gratuítas de ximnasia de verán ao aire libre. As sesións arrancarán este xoves, 1 de agosto, e celebraranse ata o día 31 todos os luns, mércores e venres laborables en horario de 9,30 a 10,30. O escenario elixido será o paseo marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ao interior do recinto deportivo.
18-07-2019

Arrancan na praia de Almieiras os cursos de kaiak organizados polo Concello

Un total de 33 rapaces e rapazas participan dende esta semana nos cursos de kaiak organizados polo Concello de Fene no marco da programación municipal de actividades de verán. Desenvolveranse ata finais do mes de agosto na praia de Almieiras (Limodre) en dúas quendas: luns e mércores e martes e xoves. Nos dous casos, en horario de mañá.
10-07-2019

Publicado o listado de prazas libres nas escolas deportivas da piscina e pavillón da Xunqueira para o vindeiro curso

Rematado o prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/2020 (ao que puideron acollerse os/as usuarios/as matriculados no mes de xuño), a Concellería de Deportes fai público o listado de prazas libres nas escolas deportivas que se desenvolven nas devanditas instalacións municipais, de cara ao período de novas matriculacións que se abrirá no mes de setembro.
05-07-2019

Fene celebra o domingo o Día do Deporte na Rúa

Fene celebrará este domingo 7 de xullo o seu Día do Deporte na Rúa. Será na Avenida de Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Círculo de Perlío, entre as 10,30 horas e as 14 horas, salvo en caso de choiva, cando as actividades se trasladarían ao pavillón de A Xunqueira. A xornada, organizada polo Concello de Fene, incluirá unha morea de actividades. Aquelas persoas que participen en tres ou máis recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada, ata esgotar existencias.
02-07-2019

O Concello propón un sinfín de actividades para disfrutar do Día do Deporte na Rúa

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que a Concellería de Deportes celebrará este domingo, 7 de xullo, o Día do Deporte na Rúa. E farao cunha morea de propostas. Así mesmo, aqueles que participen en tres actividades ou máis recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada ata esgotar existencias.
21-06-2019

Festa acuática este sábado na piscina de Centieiras

A piscina municipal de Centieiras acollerá este sábado, 22 de xuño, a Festa Acuática de clausura das escolas de natación impulsadas polo Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes ao longo do presente curso. Clases nas que toman parte uns 500 nenos e nenas en diferentes quendas e que continuarán ata finais de mes.
 
20-06-2019

Exhibición das Escolas Deportivas Municipais este venres no pavillón da Xunqueira

O pavillón da Xunqueira, en San Valentín, albergará mañá venres, 21 de xuño, a Exhibición de Escolas Deportivas Municipais. Unha cita que comezará ás 17 horas e na que tomarán parte os nen@s e moz@s que, ao longo do curso, asistiron ás actividades deportivas do Concello.

Así, o público asistente poderá seguir as exhibicións do alumnado das clases de judo, kárate, ximnasia rítmica, atletismo, pequedeporte, baloncesto, patinaxe e baile moderno.
18-06-2019

O Concello abre a inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e tamén mozos e mozas e celebrarase do 15 ao 19 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira e inmediacións.