Novas

22-02-2018 -

A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, conmemorará o Día da Árbore cunha plantación de 100 castiñeiros no Coto do Rei

Este venres, 23 de febreiro ás 10 da maña, a Comunidade de Montes de Marraxón de Sillobre conmemorará o Día da Árbore cunha plantación de 100 castiñeiros no Coto do Rei, nas inmediacións dos Asentos Máis Duros Do Mundo.
21-02-2018 -

Fene Mar Vivo

O xoves 22 de febreiro a Rede Fene Mar Vivo realizará a súa primeira xuntanza no Salón de Plenos municipal ás 20.00 h
A convocatoria fixada para este xoves vai dirixida a aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades, asociacións culturais ou veciñais, e calquera persoa que estea interesada en participar na rede, xa sexa para achegar a súa experiencia ou para propor ideas e inquedanzas susceptibles de ser incorporadas ás liñas de traballo.
19-02-2018 -

O programa para persoas maiores “Tardes Activas” inicia os seus obradoiros itinerantes ao longo desta semana

Tardes Activas é un proxecto incluído no programa de Envellecemento activo que vén desenvolvendo a Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene, co obxectivo de que as persoas que xa están na madureza poidan encher parte do seu tempo libre con actividades encamiñadas a manter esperta a cabeza. O programa é itinerante e prolongarase desde esta semana até o mes de decembro con propostas centradas na memoria, pero tamén no coñecemento do municipio, xa que nun dos obradoiros os avós e avoas deseñarán rutas turísticas que despois percorrerán facendo de guías para o alumnado dos centros de ensino. Todas as sesións irán comezando nos distintos locais sociais do territorio durante esta semana.
16-02-2018 -

Visita a Navantia Fene do Obradoiro de emprego INICIA II

A directora e o alumnado traballador do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil INICIA II, na especialidade de “Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial”, visitaron onte as instalacións de Navantia Fene (antiga ASTANO)
16-02-2018 -

O Concello de Fene presenta os XXII Premios Curuxa do Humor

Coa publicación no BOP das bases do XXII concurso de humor gráfico “Curuxa do humor”, abre hoxe o prazo de presentación de debuxos para este certame que organizan a Concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene. 
15-02-2018 -

O Concello eliminará as verteduras na ría procedentes do barrio de San Valentín

A licitación das obras publicouse o luns desta semana no Perfil de Contratante do Concello e tramitarase mediante procedemento negociado con publicidade. As empresas teñen ata o próximo día 21 para presentar as súas ofertas.
12-02-2018 -

Aviso de cortes de tráfico durante o desfile de comparsas do mércores de cinza

A Policía Local de Fene propón rutas alternativas para os conductores que precisen circular pola Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais de Fene dende as 17.45 ás 19.00 horas. Ademais, a rúa Río Cádavo -onde se concentrarán as comparsas que participarán no desfile- manterase pechada ao tráfico dende as 17.30 ás 18.15 horas.
08-02-2018 -

A Casa da Cultura de Fene abrirá só en horario de mañá o luns e o martes de Entroido

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da celebración do Entroido.
06-02-2018 -

Catorce comparsas desfilarán no entroido de Fene

As agrupacións participantes sairán o mércores 14 de febreiro ás 18.00 horas de Perlío (Aguilar), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Avda. Naturais e Avda. do Concello. 
05-02-2018 -

Prata para Fene

A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.